A Gladiator Family, a proba de obstáculos infantil con carácter solidario, chega a Ribadeo

AMariñaXa
Ribadeo acollerá a Gladiator Family, unha proba de obstáculos infantil con carácter solidario, este domingo 28 de abril.
 Gladiator Family ribadeo
25 Abr 2024

Ribadeo acollerá a Gladiator Family, unha proba de obstáculos infantil con carácter solidario, este domingo 28 de abril. O importe das inscricións desta carreira, dirixida a nenas e nenos de 3 a 11 anos, será doado integramente á Cruz Vermella ribadense. Este xoves é o último día para inscribirse a través da web en http://www.gladiatorraceoficial.es/

“A proba, que está patrocinada por Banco Mediolanum a través do proxecto Mediolanum Aproxima, terá lugar o 28 de abril a partir das doce da mañá na praza de España”, conta o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent. Nenas e nenos, acompañados dun adulto, desfrutarán dun día en familia facendo deporte.  Enfrontaranse “a distintos obstáculos en dous percorridos, un de 500 metros para as idades comprendidas entre 3 e 5 anos, e outro de 900 metros para nenas e nenos de 6 a 11 anos. Ao remate da proba todos os participantes recibirán unha medalla finisher”.

Na presentación da Gladiator Family, participaron Óscar Espiñeira, responsable Noko 360, empresa organizadora; Antía Fernández, responsable de Cruz Roja Ribadeo; José Manuel Rodríguez, Team Manager en Banco Mediolanum; Rubén Castro, Supervisor en Banco Mediolanum; o concelleiro e o técnico de Deportes, Francisco José Silvent e Iván López; e o alcalde, Dani Vega.

Desde a organización agradecen a colaboración de Kids&Us Ribadeo, La Moda, El Mero Crossfit, restaurante Náutico, restaurante Marinero, Beep Informática, A Cofradía, A Horta de San Roque, Javier Montero e Cienfuegos.

0.19990491867065