A Gladiator Family, os play off de hóckey en liña e a exhibición de Jiu-Jitsu reúnen centos de persoas en Ribadeo
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, destaca a gran participación e a afluencia de público que houbo nos últimos eventos deportivos celebrados en Ribadeo. No parque de San Francisco desenvolveuse a proba de obstáculos infantil Gladiator Family, “na que participaron 300 nenas e nenos de 3 a 11 anos de idade coas súas familias, e o diñeiro recadado coas inscricións destínase á Cruz Vermella de Ribadeo”.
Por outra parte, o polideportivo da rúa Alfredo Deaño estivo “ateigado de xente coa celebración dos play off de hóckey liña nas categorías alevín e prebenxamín, que contou coa participación de seis equipos, un deles do club local Isla Pancha”. Tamén tivo lugar unha exhibición de Jiu-Jitsu xaponés no pavillón da avenida de Luarca”.
Eventos deportivos como estes axudan á economía da vila “porque atraen a centos de persoas, que visitan Ribadeo con este motivo e despois volven noutras ocasións e ademais fan de embaixadores do municipio”, explica o concelleiro de Deportes.