A gastronomía e a música, protagonistas do arranque do Domingueo en Ribadeo

AMariñaXa
Esta fin de semana comezou o Domingueo en Ribadeo, unha iniciativa coa que Concello e Acisa pretenden dinamizar os domingos en Ribadeo, de abril a xullo.
 Domingueo en Ribadeo
22 Abr 2024

Esta fin de semana comezou o Domingueo en Ribadeo, unha iniciativa coa que Concello e Acisa pretenden dinamizar os domingos en Ribadeo, de abril a xullo. Coincidindo co concurso gastronómico Ribadeo de Tapeo, ducias de persoas disfrutaron da música e da gastronomía no peirao de Porcillán.

O 28 de abril o Domingueo en Ribadeo chegará á rúa San Francisco. Ata esa xornada poderase seguir saboreando a gastronomía en miniatura na décimo sétima edición do Ribadeo de Tapeo, que esta fin de semana foi un éxito.

0.17542600631714