A gastronomía e a música, protagonistas da festa que organiza O Torques de Marzán

Foz
AMariñaXa
A xornada estará amenizada polo Dj Daio e D´Caché Musica e, xa ás 00.00 horas, terá lugar a gran queimada
festa_marzán
16 Ago 2024

A asociación O Torques de Marzán organiza para o vindeiro sábado 17 de agosto unha gran churrascada na explanada do pavillón de deportes Torques de Marzán. A partir das 20.00 horas haberá churrasco, chourizo, empanada, pan, viño e referescos por un prezo de 15 euros.

A música tampouco faltará na cita. Pois a xornada estará amenizada polo Dj Daio e D´Caché Musica e, xa ás 00.00 horas, terá lugar a gran queimada e conxuro especial do Druída do Cu do Castro.

0.11933207511902