A Garda Civil renova o seu parque móbil con 8 novos vehículos na provincia

Foz
TerraChaXa | LugoXa | RibeiraSacraXa | AMariñaXa
A subdelegada e o coronel xefe presentan 6 vehículos que xa foron entregados á Comandancia e avanzan que está prevista a chegada de outros 2.
garda cividl vehiculos
16 Xan 2022

A subdelegada e o coronel xefe presentan 6 novos vehículos que xa foron entregados á Comandancia e avanzan que está prevista a chegada de outros 2. Rodríguez destaca o compromiso do Goberno para mellorar os medios das forzas de seguridade na provincia.

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou da incorporación de oito novos vehículos ao parque móbil da Garda Civil na provincia. A subdelegada efectuou unha visita á Comandancia da Garda Civil, na que estivo acompañada polo coronel xefe, Miguel Ángel González Arias, e deron conta da recepción de seis novos automóbiles, aos que se sumarán en breve dous máis híbridos, cos que o Ministerio do Interior avanza na modernización dos medios dos que dispón a Garda Civil na provincia de Lugo.

Isabel Rodríguez agradeceu ao Ministerio do Interior o seu apoio para dotar de mellores medios ás forzas de seguridade da provincia de Lugo, co obxectivo de que poidan cumprir nas mellores condicións coa súa obriga de protección dos cidadáns.

“Estes vehículos que nos facilita a Dirección Xeral da Garda Civil permitirán atender máis e mellor as necesidades dos veciños da provincia”, destacou a subdelegada, que tamén salientou “o compromiso que mantén o Goberno para dotar de máis persoal e medios ás forzas de seguridade do Estado, logo dos anos de absoluto abandono que padeceron a pesar do cal nunca deixaron de asumir a súa responsabilidade cos cidadáns”.

Rodríguez destacou a importancia de que as forzas de seguridade dispoñan dos medios necesarios para desenvolver o seu traballo e recoñeceu o importante servizo que prestan aos lucenses, velando pola seguridade e tamén atendendo á cidadanía en situacións de crise como se demostrou desde o comezo da pandemia do coronavirus.

Os seis vehículos que xa foron entregados son catro turismos, un monovolume e un todoterreo e van ser destinados á Comandancia, para a Sección de Intervención Rápida; así como aos postos de Vilalba, Chantada, Monforte, Foz e Palas de Rei.

0.15421986579895