A Garda Civil investiga o roubo de 10.000 euros nunha tenda de telefonía de Ribadeo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Os axentes investigan un roubo con forza nunha tenda de telefonía móbil en Ribadeo, da que se levaron efectos por valor de 10.
25 sep 2019

Os axentes investigan un roubo con forza nunha tenda de telefonía móbil en Ribadeo, da que se levaron efectos por valor de 10.000 euros tras fracturar a luna do establecemento.

Tamén acudiron a un accidente laboral ao caer dun andamio de obra en Cervo un obreiro que foi trasladado ao Hospital da Costa.

A Garda Civil investiga ao suposto autor dun delicto de furto. O imputado en calidade de investigado na localidade de Foz é un súbdito marroquí, de 45 anos, veciño da vila que consta como suposto autor do furto dun terminal móbil.

O investigado foi posto á disposición xudicial.

Aparte, os axentes investigan a un suposto autor dun delicto de furto na localidade de Burela, do que foi acusado un veciño de 21 anos que xa pasou á disposición xudicial ao xulgado número 2 de Viveiro.

0.19071388244629