A Garda Civil esclarece oito roubos cometidos en Barreiros e en Foz

Foz
TerraChaXa | AMariñaXa
A Garda Civil detivo a un súbdito portugués de 21 anos de idade, veciño de Foz, tras ser sorprendido in fraganti supostamente roubando no interior dun centro escolar situado en San Miguel de Reinante, en Barreiros.
Captura de pantalla 2019 07 26 a las 11.34.24
22 Jul 2019

A Garda Civil detivo a un súbdito portugués de 21 anos de idade, veciño de Foz, tras ser sorprendido in fraganti supostamente roubando no interior dun centro escolar situado en San Miguel de Reinante, en Barreiros. 
A raíz desta detención, esclarecéronse cinco delictos similares ocurridos no mesmo centro educativo desde o pasado mes de novembro do ano pasado, cando se denunciara o primeiro caso.
O presunto autor adoitaba actuar de madrugada, ao longo da fin de semana e tras forzar unha ventá accedía ao interior do edificio. Unha vez no seu interior substraía a recadación da máquina de café, levando en cada ocasión uns 50 euros, sen contar os desperfectos ocasionados. Nun dos ilícitos substraeu un ordenador portátil, que puIdo ser recuperado e entregado ao centro.
No marco desta investigación procedéuse a imputar como investigado a un veciño de Foz (Lugo), propietario dun local comercial na localidad, como suposto autor dun delicto de receptación, ao ter á venda na súa tenda o ordenador portátil substraído no centro escolar, despois de adquirir o aparello electrónico ao presunto autor do presunto roubo, sen realizar ningún trámite documental e pagando polo mesmo un prezo moi inferior ao seu valor no mercado.
No desenrolo desta investigación iniciada a raíz da detención, esclarecéronse outros dous feitos cometidos en Foz.
Por unha banda, un roubo cometido nunha tenda de roupa deportiva na madrugada do 15 de maio, cando os autores tras forzar a lúa do escaparate, levaron da tenda  140 euros en efectivos e roupa valorada en 2.400 euros, sen contar os danos efectuados no establecemento.
E por outra banda, un roubo cometido nun establecemento de hostalería na madrugada do pasado 1 de xuño, cando os autores tras forzar a porta de entrada se apoderaron dun teléfono móbil e da máquina rexistradora, sendo o material substraído e os danos ocasionados valorados en 1.000 euros.
As investigacións culminaron coa detención de outras tres personas, con idades comprendidas entre os 19 e 21 anos, de Sarria (Lugo), Xixón (Asturias) e Madrid, como presuntos autores dos delictos de roubo indicados anteriormente, recuperando varios obxectos supostamente substraídos na tenda de roupa deportiva.
Estes feitos delictivos causaran preocupación no centro escolar pola sucesión de allanamentos, así como no entorno do centro comercial aberto de Foz, por ser diana dos roubos en dita localidade.
Con estas detencións dáse por desarticulada esta banda delictiva, sendo postos á disposición do Xulgado de Instrucción número 2 de Mondoñedo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.10256600379944