A Garda Civil detivo a un home que levaba máis de mil euros procedentes dun suposto roubo en Barreiros durante un cumpreanos

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Garda Civil detivo na estrada 634, no kilómetro 565, a un veciño de Babilafuente (Salamanca), de 26 anos de idade como presunto autor dun delicto de furto.
22 Ago 2019

A Garda Civil detivo na estrada 634, no kilómetro 565, a un veciño de Babilafuente (Salamanca), de 26 anos de idade como presunto autor dun delicto de furto.

Os feitos aconteceron no marco dunha celebración de cumpreanos no interior dun establecemento de hostalería situado en Barreiros, cando o acusado aproveitou un descuido da víctima e lle afurtou en dúas ocasións cartos en efectivo dun bolso de man que estaba enriba dunha cadeira.

O autor foi localizado cando ía andando pola estrada. Cando os axentes o identificaron portaba un arco á espalda e unha guitarra deteriorada e observaron que no interior do corpo do instrumento musical gardaba varios billetes de 50 euros, cun total de 1.100 euros. O detido pasou á disposición xudicial.

 

0.20528197288513