A Garda Civil detén a tres persoas acusados de roubo e estafa

Foz
TerraChaXa | AMariñaXa
A Garda Civil detivo na localidade lucense de Foz a dúas veciñas de Lugo de 44 e 19 anos de idade como supostas autoras de delitos continuados de roubo no interior de supermercados da Mariña Lucense.
7 Feb 2019

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Foz a dúas veciñas de Lugo de 44 e 19 anos de idade como supostas autoras de delitos continuados de roubo no interior de supermercados da Mariña Lucense.
Tamén imputaron en calidade de investigado na localidade de Burela a un veciño de Cervo de 37 anos de idade como suposto autor dun delito de simulación de delito. A persoa investigada presentou unha denuncia o pasado mes de xaneiro como prexudicado nunha estafa bancaria, esta consistía en cargos presuntamente fraudulentos emitidos mensualmente ao longo dos últimos dous anos. Iniciouse unha investigación para o esclarecimiento destes feitos, constatando que foi o propio denunciante o que se subscribiu voluntariamente en xullo do ano 2016 a unha páxina web enfocada para adultos.

0.11780405044556