A galería Terra Branca presenta a súa colección de pulseras Esenciais de Ribadeo
Coincidindo coa próxima celebración do VI Ribadeo Indiano a galería Terra Branca presenta a súa colección de pulseras Esenciais de Ribadeo. José Ramón Leal, propietario do establecemento, explica que "escollemos tres cadros da pintora Mariángel Leal para plasmalos nunha colección de pulseras exclusivas". E subliña que "as pezas están feitas a man con macramé, bronce e resina. E recollen enclaves emblemáticos de Ribadeo como son a praia das Catedrais, a Torre dos Moreno e a Illa Pancha. Esas son as tres obras da artista elixidas para adornar esta colección de pulseras".
Desde Terra Branca José Ramón Leal recorda que "o ano pasado sacamos unha colección exclusiva de reloxos de madeira, que xa é todo un cásico en Terra Branca. E neste 2019 queriamos render unha homenaxe a eses parajes que conseguen achegar a xente, que desde o outro punto do planeta veñen vernos. Quen non soñou algunha vez con vir coñecer Ribadeo cando ve unha bonita postal destes tres puntos de visita tan emblemáticos e marabillosos".
As tres pulseras cheas de colorido enmárcanse cunha letra erre mayúscula de Ribadeo e están adornadas cun deseño inspirado no Art Noveau de principios do Século XX.