A furgoneta de 'Galicia Sabe Amar' fará parada no Vicedo
AMariñaXa
Unha oportunidade para que veciños e veciñas degusten os seus pinchos de balde
8 Jan 2025
As inmediacións da Casa da Cultura de O Vicedo acolle este xoves 9 de xaneiro a oportunidade de gozar dunha nova edición de 'Galicia Sabe Amar'. Trátase dunha camapaña da Consellería do Mar para promocionar o consumo de peixe.
Unha furgoneta estará instalada no lugar en horario de mañá e de tarde para poder degustar algún dos 10 pinchos distintos da campaña totalmente gratis.
Esta camapaña, a través de eventos e campañas educativas, pretende establecer unha conexión significativa co consumidor, fomentando a reflexión sobre a protección dos ecosistemas mariños e o valor das persoas que dependen deles. Este esforzo tamén busca recoñecer a dedicación dos traballadores do mar e o valor intrínseco dos seus produtos.