A Fundación Imdecum entrega os premios do concurso fotográfico Imaxiña '24 en Cervo

AMariñaXa
A Residencia Resort de Cervo e unha estudante do IES Alfoz-O Valadouro, gañadores do certame
Festival-Audiovisual-Imaxiña-2025
17 Mar 2025

A Fundación Imdecum, en colaboración coa Deputación de Lugo, celebrou unha nova edición do concurso fotográfico do Festival Audiovisual de A Mariña, Imaxiña '24, cunha gran acollida na súa sede de entrega de premios, a Residencia Resort da Asociación Saúde Mental A Mariña, en Cervo. "Un lugar precioso no que esperamos poder gozar de moitas actividades culturais máis", sinalaron desde a organización.

Na categoría estudantil, o premio foi para Hanna Kiara Bertuggia, alumna de 1º da ESO do IES Alfoz-O Valadouro, mentres que na categoría de asociacións, o galardón recaeu na Residencia Resort de Cervo, da Asociación Saúde Mental A Mariña.

Os premios foron entregados pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e polo presidente da Fundación Imdecum, Marcelino Luna. Tamén participou no acto Sabela Blanco, xefa de prensa do CD Burela FS e membro do xurado. Un ano máis, os gañadores recibiron un vale de 150 euros canxeable por material fotográfico ou informático na tenda Lindín.

Como en edicións anteriores, o certame contou con dúas categorías: unha para estudantes de ESO e Bacharelato dos institutos de A Mariña e outra para asociacións dedicadas a persoas con discapacidade, na que participan cada ano a Asociación Saúde Mental A Mariña, a Fundación Eu Son, a Asociación Camiña e ASPANANE.

⚙ Configurar cookies
0.04525899887085