A Fundación Imdecum abre o prazo para participar na XVI edición do Concurso Fotográfico Imaxiña

AMariñaXa
Estudantes e asociacións de A Mariña poderán enviar as súas fotografías ata o 31 de decembro para retratar a realidade social da comarca e optar a premios en material fotográfico
Festival-Audiovisual-Imaxiña-2025
3 Dec 2025

A Fundación Imdecum, en colaboración coa Deputación de Lugo, convoca un ano máis a XVI edición do Concurso Fotográfico Imaxiña, unha iniciativa que busca promover a formación en fotografía e permitir que a xente nova e as asociacións expresen a súa visión sobre A Mariña a través da imaxe. O prazo para enviar fotografías estará aberto do 1 ao 31 de decembro de 2025, e cada participante poderá remitir entre unha e tres imaxes ao correo contacto@imdecum.com.

O concurso conta con dúas categorías: unha destinada a estudantes de ESO, Bacharelato e ciclos formativos dos diferentes centros educativos da comarca, e outra para asociacións de persoas con discapacidades, entre as que se inclúen Saúde Mental A Mariña, Fundación Eu Son, Camiña e ASPANANE. Os gañadores recibirán un vale de 150 euros en material fotográfico ou informático en Informática Lindín e un diploma.

Ademais, dentro das actividades do concurso, impartirase o luns 15 de decembro unha charla sobre fotografía de reportaxe no IES Monte Castelo, a cargo do fotógrafo de El Progreso Joe Álvez, acompañado de Sabela Blanco, xefa de prensa e fotógrafa do CD Burela FS. Esta sesión permitirá aos alumnos coñecer de primeira man a fotografía social, temática central do certame, e aprender sobre o uso das imaxes máis aló das redes sociais.

O xurado, composto por membros da Fundación Imdecum, Joe Álvez e Sabela Blanco, emitirá o fallo en febreiro ou marzo, sendo tamén os encargados de entregar os premios.

⚙ Configurar cookies
0.076262950897217