A Fundación Expomar está a traballar nunhas xornadas de nutrición e saúde mental
AMariñaXa
Expomar xunto con Saúde Mental A Mariña, Fundación Eu Son e o Concello de Burela traballan nunhas xornadas de nutrición e saúde mental.
21 Mar 2022
A Fundación Expomar xunto con Saúde Mental A Mariña, Fundación Eu Son e o Concello de Burela está a traballar nunhas xornadas de nutrición e saúde mental.
Para poder gozar dunha vida estable e repleta de benestar é importante que, ademais de coidar da saúde física e corporal, tamén se preste atención á saúde mental.
Apostar por uns hábitos de vida saudables axudará a que se poda manter o cerebro en óptimas condicións e a que se reduza o risco para padecer enfermidades ou trastornos mentais.
As xornadas será en abril e maio pero a programación e as datas concretas aínda non está pechada.