A Fundación Alcoa entregou unha máquina inxectora de plásticos ao IES Illa de Sarón de Xove

AMariñaXa
A ACD Xove organizou un pequeno proxecto mediambiental xunto coa Fundación Alcoa que consistiu na colocación de paneis informativos
Fundacion Alcoa Illa Saron Xove 2024 1
27 Feb 2024

A Fundación Alcoa fixo entrega recentemente dunha máquina inxectora de plásticos da marca Babyplast ao IES Illa de Sarón de Xove. Esta maquina, que serve para a impresión en 3D, esta valorada en 44.000 dólares, é dicir, ao redor dos 40.000 euros.

Con este equipamento os alumnos poderán traballar no ciclo completo dunha peza de plástico inxectado. Ademais de que dende a Fundación Alcoa destacan que esta é unha rama tecnolócica moi demandada e con futuro nas súas aplicacións na industria.

No acto estiveron presentes a directora xeral da Formación Profesional, María Eugenia Pérez; o subdirector xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional, Jesús Manuel Rodríguez Buján; ademáis de Joaquín Fernández, xefe de planta de Aluminio en San Cibrao e Miriam Vilar, responsable de Comunidad y Fundación Alcoa en San Cibrao.

0.084560871124268