A Foliada do Maio volverá a encher Viveiro de música tradicional o 9 de maio de 2026

AMariñaXa
Pensamento e Sementeira prepara a terceira edición dunha cita festiva para poñer en valor a tradición dos Maios e celebrar a chegada da primavera
Viveiro-Foliada-do-maio-sementeira-2026
8 Jan 2026

O Colectivo Pensamento e Sementeira de Viveiro vén de anunciar a data da III Foliada do Maio, que se celebrará o vindeiro 9 de maio de 2026. A entidade anima á veciñanza e ás persoas amantes da música tradicional a reservar xa esa xornada, que promete converterse nun punto de encontro arredor do baile, da convivencia e das raíces culturais galegas.

Desde a organización destacan que a cita nace coa vontade de crear un espazo aberto e acolledor, no que a música tradicional sexa a gran protagonista e no que non falten as ganas de participar e desfrutar. O colectivo comprométese a poñer todos os medios para ofrecer unha foliada pensada para bailar, compartir e celebrar en comunidade.

A Foliada do Maio ten como eixo central a posta en valor dos Maios, unha celebración propia da cultura galega que simboliza a chegada da primavera e o renacer da natureza tras o inverno. A través desta festa, Pensamento e Sementeira pretende contribuír á recuperación e difusión desta tradición en Viveiro, dándolle un novo pulo e achegándoa a novas xeracións a través da música e do encontro social.

⚙ Configurar cookies
0.17262983322144