A focega Nancy Rego e as súas compañeiras ascenderon o Jebel Rum, en Xordania

Foz
AMariñaXa
A focega Nancy Rego Rodriguez será unha das cinco mulleres que, tras superar un cancro, ascenderán os 1.754 metros do Jebel Rum, en Xordania,
nancy rego reto pelayo 2022
nancy rego reto pelayo 2022
3 Nov 2022

A focega Nancy Rego Rodríguez é unha das cinco mulleres que, tras superar un cancro, ascenderon os 1.754 metros do Jebel Rum, en Xordania.

Así, depois de 11 días de viaxe, onte martes 3 de novembro ás 7.15 horas chegaron o cume do Jebel Rum cumprindo a proba máis dura da súa expedición.

Despois de baixar tocou celebración ao grande con tradicións típicas da zona nas que os beduinos agasallaron ás expedicionarias do Reto Pelayo Vida cun baile típico e un té.

Hoxe terán día de descanso para recuperar forzas e pasado mañá dirixiranse ata Aqaba, o punto máis ao sur do país, onde deberán mergullar a 12 metros de profundidade en augas do mar Vermello.

O Reto Pelayo Vida comezou o pasado día 22 de outubro e levou a estas cinco mulleres a percorrer os 350 quilómetros de norte a sur de Xordania a través de diferentes retos deportivos como 255 quilómetros en bicicleta de montaña, descenso de rápel no canón do Mar Morto, travesía polo deserto do Wadi Rum, as ‘Big Walls’, unhas montañas con xigantes paredes verticais nas que ascenderon ao pico, Jebel Rum, a 1.754 metros de altura, e para finalizar o reto baixo as augas do Mar Vermello.

reto pelayo vida xordania 2022 1
reto pelayo vida xordania 2022
0.17323112487793