A focega Nancy Rego ascenderán os 1.754 metros do Jebel Rum, en Xordania
AMariñaXa
A focega Nancy Rego Rodriguez será unha das cinco mulleres que, tras superar un cancro, ascenderán os 1.754 metros do Jebel Rum, en Xordania,
13 Out 2022
A focega Nancy Rego Rodríguez será unha das cinco mulleres que, tras superar un cancro, ascenderán os 1.754 metros do Jebel Rum, en Xordania, dentro dun percorrido de 350 quilómetros nos que se enfrontarán a outros desafíos no Reto Pelayo Vida. Este reto comezará o día 22.
Estas cinco mulleres percorrerán os 350 quilómetros de norte a sur de Xordania a través de diferentes retos deportivos como 255 quilómetros en bicicleta de montaña, descenso de rápel no canón do Mar Morto, travesía polo deserto do Wadi Rum, ata chegar ás ‘Big Walls’, unhas montañas con xigantes paredes verticais nas que ascenderán ao pico, Jebel Rum, a 1.754 metros de altura, para finalizar o reto baixo as augas do Mar Vermello.