A flota do Porto de Celeiro acadou o certificado sostible Friend of the Sea

AMariñaXa
O Porto de Celeiro conseguiu que a totalidade dos palangreiros de fondo da flota obtiveran o certificado de pesca sostible Friend of the Sea.
porto de celeiro
23 Jan 2022

O Porto de Celeiro vén de conseguir que a totalidade dos palangreiros de fondo da flota de Celeiro obtiveran o certificado de pesca sostible Friend of the Sea.

Esta etiqueta, que se coloca a cada unha merluzas do pincho comercializada na lonxa de Celeiro por estes 22 barcos, significa que na súa captura se utilizan artes de pesca selectiva sen impacto relevante no fondo marino e que as capturas proveñen de stocks non sobreexplotados e legalmente xestionados, sen bycatch de especies amenazadas e baixo criterios de responsabilidade social.

Esta distinción súmase aos premios e recoñecementos obtidos anteriormente, contribuíndo na promoción e expansión da merluza do pincho de Celeiro que é, sen lugar a dúbidas, o produto gastronómico máis representativo do noso municipio, un produto de calidade e recoñecemento internacional, do que nos sentimos profundamente orgullosos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18223595619202