A Festa Normanda de Foz comezou cos preparativos
A organización da Festa Normanda de Foz informou de que a cita festiva celebrarase os días 24, 25, 26 e 27 de agosto e de que xa está aberto o prazo de inscrición para participar no mercado.
Para asisitir ou participar será necesario poñerse en contacto mediante correo electrónica en: mercadonormando@gmail.com. A Festa Normanda rememora a invasión errada dos viquingos sobre o pobo lucense.
Polo momento non hai confirmación do programa completo pero dende a organización aseguran que “a parte do ocio e festa está asegurada como todos os anos e contaremos con animación polas rúas”.
“Este ano a intencion e mellorar e aumentar a parte cultural, aumentar a presencia de actores profesionais coas empresas Ulf klan e Gesta Regnorum e algunha máis”, din desde a organización.
Tamén podería recrearse como en anos anteriores na praia focega de Tupide, o desembarco viquingo e o combate entre a poboación e os invasores normandos.