A Festa Normanda de Foz celebrarase os días 24, 25, 26 e 27 de agosto

Foz
AMariñaXa
A organización da Festa Normanda de Foz informou de que a cita festiva celebrarase os días 24, 25, 26 e 27 de agosto
festa normanda foz 2016
14 Xuño 2023

A organización da Festa Normanda de Foz informou de que a cita festiva celebrarase os días 24, 25, 26 e 27 de agosto e de que xa está aberto o prazo de inscrición para participar no mercado.

Para asisitir ou participar será necesario poñerse en contacto mediante correo electrónica en: mercadonormando@gmail.com.

A Festa Normanda é unha das festas máis recentes que se celebran en Foz e que rememora a invasión errada dos viquingo sobre o pobo lucense.

De momento no hai confirmación do programa pero previsiblemente haberá un mercado medieval, unha obra teatral que teatraliza o desembarco e o afundimento dos barcos vinkingos ademais dee actividades, xogos e teatro para os máis pequenos.

Tamén podería recrearse como en anos anteriores na praia focega de Tupide, o desembarco viquingo e o combate entre a poboación e os invasores normandos.

festa normanda Foz 2015
0.19449615478516