A Festa dos Chóferes de Alfoz xa ten programa

AMariñaXa
Alfoz prepara unha das principais citas do verán, a Festa dos Chóferes, á que adoitan acodir centos de vehículos para recibir as bendicións
1 Festa dos choferes alfoz 2022
11 Xul 2022

Alfoz volverá celebrar unha das principais citas do seu verán, a Festa dos Chóferes, á que adoitan acudir centos de vehículos de todo tipo para recibir as bendicións dos párrocos.

Esta cita festiva terá lugar os vindeiros 29, 30 e 31 de xullo, e comezará na noite do 29 ás 23.00 horas coa festa verbena de discoteca móbil de Eventec e Grupo Beatriz.

O sábado 30 haberá oficio relixioso seguida da sesión vermú amenizada polo grupo Puzzle, que será o encargado de poñer a nota musical pola noite xunta coa orquestra La Ocaband.

A xornada do domingo comezará ás 11.00 horas a procesión dos vehículos polas parroquias do Concello, e ás 13.00 horas a misa solemne e a bendición dos vehículos no que haberá premios para os mellores de cada categoría. Despois haberá sesión vermú amenizada polo grupo Montreal.

Dende a organización informan de que dispoñen de capa con mesas e toma de corrente eléctrica para as que haberá que reservar chamando ao teléfono 603 895 753 e zona de acampada chamando ao 685 887 719.

0.090591907501221