A Festa do Mexillón en Forxán celebra a súa terceira edición

Foz
AMariñaXa
O evento terá lugar o 15 de agosto na área recreativa Bispo Santo e inclúe menú completo, música en directo, DJ e actividades infantís gratuítas
festa-mexillon-Foz-2025
Foto recurso
6 Aug 2025

O barrio de Forxán, en Foz, converterase o vindeiro 15 de agosto nun punto de encontro festivo co gallo da terceira edición da Festa do Mexillón, un evento que combina sabor, música e entretemento para todos os públicos. A celebración desenvolverase a partir das 14.00 horas na área recreativa Bispo Santo, un espazo natural ideal para gozar dun día ao aire libre.

O público poderá degustar un completo menú por 15 euros que inclúe unha ración de mexillóns, empanada, auga ou viño, requeixo e café. Ademais, haberá carpa para garantir a comodidade en caso de mal tempo e servizo de bar durante toda a xornada.

A programación inclúe unha gran actuación musical e sesión de DJ, pensadas para animar o ambiente durante toda a tarde. Tamén se instalarán colchonetas infantís, de acceso gratuíto, para que os máis pequenos poidan divertirse mentres os maiores gozan da festa.

As entradas poden adquirirse por anticipado en varios puntos da zona: Bar O Candil (San Martiño), Bar Escairo (Marzán), Mercacartuchos (Foz) e Bar Pachán (Foz). A organización, a cargo da Asociación de Veciños de Forxán, conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a Unión Europea, o Concello de Foz e o supermercado Gadis.

Para máis información, está dispoñible o número de teléfono 982 877 446.

⚙ Configurar cookies
0.20434308052063