A festa do libro chega a biblioteca de Ourol con agasallos para os socios
AMariñaXa
A festa do libro chega a biblioteca de Ourol e por iso os socios recibirán un agasallo sempre e cando collan un libro en préstamo
12 Apr 2022
A festa do libro chega a biblioteca de Ourol e por iso os socios recibirán un agasallo sempre e cando collan un libro en préstamos durante este mes de abril.
O Día do Libro (tamén denominado Día Mundial do Libro e o Dereito de Autor, Día Internacional do Libro e Día Mundial do Libro) é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.