A festa do Entroido na Pontenova será o vindeiro domingo 11
A festa do Entroido na Pontenova será o vindeiro domingo 11 de febreiro no pavillón municipal Tito Margaride. Este ano está organizado pola CIT en colaboración co Concello.
Así, nesta cita haberá xogos, música e baile para os máis cativos, quen gozarán con todas as actividades e as lambetadas.
Así mesmo, dende o Concello sinalan que se vai facer unha ruta de tapas típicas do Entroido polos locais de hostalaría, e contarán cunhas tarxetas nas que os participantes disfrazados terán que ir selando en cada un dos establecementos hostaleiros participantes.
Entre todas as tarxetas seladas completamente sortearanse 1.200 euros en vales-regalo para cambiar nos comercios locais da Pontenova. O importe destes vales-regalo son aportados polo Concello da Pontenova.