A Festa das Flores de Vilameá, na Pontenova, será este sábado
AMariñaXa
A parroquia de Vilameá na Pontenova organiza para o sábado 13 de maio a Festa das Flores, unha celebración con música e gastronomía
10 May 2023
A parroquia de Vilameá, no concello da Pontenova, organiza para o sábado 13 de maio a Festa das Flores, unha celebración que contará con música e gastronomía.
Ás 18.00 horas haberá misa solemne e acto seguido será a procesión polo pobo. Máis tarde será a cea de veciños, familiares e amigos servida polo Hotel San Briz. Xa pola noite será a verbena a cargo do grupo Tapyöca.
Para asistir á cea haberá que recoller os tiquets no Hotel San Briz, Orli e á propia Comisión organizadora. Terán un prezo de 20 euros para adultos e 12 para nenos de 3 a 12 anos.