A Festa das Cores de Viveiro será este domingo

AMariñaXa
O Concello de Viveiro acollerá unha curiosa festa o vindeiro domingo 4 de setembro, a Festa das Cores, unha cita que será de balde.
festa das cores viveiro 1
2 sep 2022

O Concello de Viveiro acollerá unha curiosa festa o vindeiro domingo 4 de setembro, a Festa das Cores, unha cita que será totalmente de balde.

Esta festa porá a nota de cor nos xardíns do Pazo da Misericordia de 16.30 ás 19.30 horas. Noutras ocasión houbo xogos, obradoiros, contacontos e unha explosión de cores que require que os participantes leven roupa clara e vella e algo que cubra os ollos como as gafas de sol ou de piscina.

Hai que inscribirse previamente enviando un whatsapp cos datos ao teléfono 654 208333, xa que é necesario un rexistro do número de participantes nas diferentes actividades previstas.

festa das cores viveiro
0.16786599159241