A Festa da Faba de Lourenzá obrigará a curtar varias rúas

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Festa da Faba de Lourenzá, que se celebrará desde o venres ata o domingo desta semana, ocasionará cortes de tráfico en rúas de Vilanova desde este xoves.
3 Oct 2019

A Festa da Faba de Lourenzá, que se celebrará desde o venres ata o domingo desta semana, ocasionará cortes de tráfico en rúas de Vilanova desde este xoves.

A alcaldesa, Rocío López García, fixo público un bando no que explica que “con motivo da celebración da Festa da Faba 2019 procederase ao corte das seguintes rúas ata a finalización da festa. Dende o xoves 3 de outubro: Travesía da Mariña, Avenida de Mondoñedo ata o cruce con Avenida do Val, Paseo de Oya e rúa Avelino Montero Villegas. Dende o venres 4 de outubro: rúas Fernández Del Riego, Muíño do Frade, Secretario Luis Iglesias e Carlos Peregrín Otero. O trazado alternativo será por Avenida do Val, Carretera de Trabada , pista que discorre por detrás do mercado comarcal gandeiro ata a rúa Casas Novoa, que accede directamente ata a vila”.

Ademais engade que a parada de autobús será trasladada ata a praza Julia Minguillón (xunto ao Bar Cabaleiros).

0.072322130203247