A Festa da Carne ao Caldeiro de Remourelle será este sábado
A Festa da Carne ao Caldeiro celebrarase o vindeiro sábado 20 de agosto no val de Remourelle, en Arante, onde ten lugar unha degustación popular dese tradicional prato. A convocatoria e a organización corren a cargo dos veciños A Madanela Remourelle.
A festa contará con sesión vermú e verbena co Dúo Estrellas e un xantar a partir das 14.30 horas de carne ao caldeiro. Xa pola tarde, ás 17.00 horas, será o concerto do grupo mariñán Tumba e Dalle.
Tamén haberá un torneo de bolos en homenaxe a Américo Pérez e pola noite, ás 00.00 horas será a queimada co Gran Druida.
Para mercar os tiquets do xantar haberá que poñerse en contato nos números 676 788 619 ou 619 835 980. Os tíckets tamén estarán á venda ese mesmo día no Campo da Festa, cuberto de toldo, ao prezo de 23 euros e inclúen empanada, pementos de Padrón, carne ao caldeiro con cachelos, queixo con marmelo, bebida e café.