A Fervenza de Sargadelos celebrará unha festa de Noiteboa infantil

AMariñaXa
O vindeiro 24 de decembro a Fervenza de Sargadelos celebrará a Noiteboa infantil na praza do Souto. Esta festa será a partir das 17.00 horas
carte noiteboa festa fervenza cervo 1
19 Dec 2021

O vindeiro 24 de decembro a Fervenza de Sargadelos celebrará a Noiteboa infantil na praza do Souto. Esta festa será a partir das 17.00 horas e haberá animación, maxia, chocolatada e irá Papá Noel escoitar as peticións dos nenos.

Ademais os nenos poderán sacar unha foto para levar de recordo, xa que contarán cun fotomatón. Para pechar a xornada ás 21.00 horas levarase a cabo un sorteo no Caseto de Copa.

carte noiteboa festa fervenza cervo
0.1436607837677