A Feira do Trece de Alfoz será o 18 de xuño
A Asociación de Veciños de San Sebastián de Carballido, no municipio de Alfoz, celebrará no lugar do Trece esta feira onde os asistentes poderán adquirir produtos da zona ademais de cerezas e obxectos de artesanía, gozar coa sesión vermú, xantar un menú típico e deleitarse cun desfile de zocas.
A feira será o sábado 18 de xuño e dará comezo coa apertura da feira de gando, maquinaria, artesanía, produtos da zona e por suposto música tradicional.
Xa ás 13.00 horas será a sesión vermú e o xantar típico, e pola tarde haberá unha entrega de premios da feira así como un sorteo de agasallos.
Os trofeos para o concurso de gando son de para o lote máis numeroso de gando e cabalar, o mellor cabalo ou besta de montura, o mellor cabalo ou besta de tiro e a mellor vaca.
Ás 18.00 comezará a exhibición canina a cargo de Paco Lobo e media hora máis tarde unha mostra de adestramento canino de agility, discdog, obediencia e búsqueda. Máis tarde haberá un segundo pase da exhibición canina a cargo de Paco Lobo.
No tocante á música e a verbena, estas comezarán ás 21.30 horas con diferentes grupos musicais.