A Feira do San Bartolo, en Xove, xa ten programa

AMariñaXa
Pola mañá terá lugar o concurso gandeiro de maior número de reses cabalares e vacúns na feira
feira_de_san_bartolo_programa
19 Ago 2024

San Isidro de Monte, en Xove, prepara a Feira do San Bartolo que celebran o vindeiro 24 de agosto. A cita comeza ás 10.00 horas coa recepción do gano no campo da feira, seguida de misa solemne ás 13.00 horas. A sesión vermú comezará comeza ás 13.30 horas e, xa pola tarde, ás 17.30 horas, haberá verbena con verbena con animación musical.

Pola mañá terá lugar o concurso gandeiro de maior número de reses cabalares e vacúns na feira. Os premios irán desde os 110 euros para o ganador ata os 50 euros para o que quede en cuarta posición. Pola tarde os asistentes tamén poderán gozar do concurso de marcha nas modalidades de menos e máis de 1,50 metros.

Entregaranse premios para os tres primeiros que van desde os 90 ata os 50 euros.  Os cabalos participantes deberán ter seguro de responsabilidade civil e estar autorizados para este tipo de probas. A feira está organizada por CMVMC Costa de Laxamoura coa colaboración da Consellería de Medio Rural e o Concello de Xove.

feira_de_san_bartolo
0.078220129013062