A Feira do Bonito de Burela xa ten cartel anunciador

TerraChaXa | AMariñaXa
18 Xuño 2019

A Sociedade Cultural Recreativa e Musical Ledicia deu a coñecer os gañadores do concurso de carteis da XXXV Feira do Bonito. Na categoría de ata 14 anos, e polo tanto deseño do programa de man foi Lin Vizoso López. Na categoría de maiores de 14 anos, e polo tanto o deseño dos carteis anunciadores da feira foi Andrea Gómez Pardo.
Ledicia agradece o esforzo de todas as persoas que participaron cos seus traballos, e anima dende xa a que continuen buscando ideas para futuras edicións.
Ademais, xa se sabe tamén que a Feira do Bonito de Burela celebrarase o 3 de agosto. A explanada do porto da vila lucense acollerá á multitude de persoas chegadas desde distintos puntos de Galicia e doutros lugares de España que se achegarán á vila mariñeira para degustar o produto estrela da festa, o bonito.
O sábado 3, comezará a festa cos pasarrúas seguido da recepción de autoridades e convidados no barco-museo Reina do Carmen. O acto culminará coa entrega do galardón bandeira azul ao barco. A continuación levarase a cabo a presentación da feira e o nomeamento do Asador Maior dá XXXV Feira do Bonito e a colaborada de honor. Ao finalizar farase a entrega de premios do concurso de carteis.
Ao mediodía realizarase a lectura do pregón, acto que dará paso ao comezo da degustación do delicioso bonito de Burela. Cada ración de degustación incluirá unha porción de bonito asado á parrilla, unha porción de bonito cocido, unha ración de empanada de bonito e pan, aínda está por determinar o prezo, pero en anos anteriores tivo un custo de 8 euros.
A organización tamén servirá racións de bonito sen gluten para aqueles comensais que sexan celíacos.

0.1318690776825