A Feira do Bonito de Burela presenta o cartel e confirma a actuación de Walls
A XXXVIII Feira do Bonito xa ten cartel. A Sociedade Cultural Recreativa Ledicia acaba de resolver o concurso de carteis convocado co gallo desta cita. Na categoría A de ata 14 anos o gañador é Camilo Silva Larrosa, mentres que na categoría B para maiores de 14 resulta vencedora Maite Fernández Cendoya. O deseño de Camilo será o que apareza no programa de man e o de Maite convértese no cartel anunciador da Feira.
E a poucos días de cerrar definitivamente a programación, confirman ao cantante Walls como actuación central para a noite do sábado 3 de agosto en Burela. A Feira do Bonito é unha actividade froito do traballo e a unión de moita xente, e dende Ledicia agradecemos o apoio das diferentes entidades colaboradoras, tanto públicas como privadas, xa que ambos elementos -economía e traballo- son necesarios para sacar adiante unha actividade deste calibre.