A Feira do Bonito de Burela está a un paso de converterse en cita de interese turístico nacional

TerraChaXa | AMariñaXa
O presidente e candidato do Partido Popular de Burela, Manuel Rouco, amosou a súa satisfacción tras confirmarse que a Feira do Bonito estea en disposición de acadar nun prazo breve de tempo o recoñecemento como cita de Interese Turístico Nacional e, todo iso, grazas ao apoio “moi valioso e imprescindible” do informe favorable que a Xunta de Galicia trasladará ao Ministerio de Turismo.
19 Maio 2019

O presidente e candidato do Partido Popular de Burela, Manuel Rouco, amosou a súa satisfacción tras confirmarse que a Feira do Bonito estea en disposición de acadar nun prazo breve de tempo o recoñecemento como cita de Interese Turístico Nacional e, todo iso, grazas ao apoio “moi valioso e imprescindible” do informe favorable que a Xunta de Galicia trasladará ao Ministerio de Turismo.
Así o explicou o presidente dos populares, Manuel Rouco, como valoración do anuncio efectuado polo delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, hoxe a preguntas dun medio de comunicación. Recentemente os populares mantiveron un encontro co propio delegado onde abordaron a situación deste expediente e os pasos pendentes a seguir para que unha das citas gastronómicas e culturais máis importantes da localidade obteña este importante recoñecemento.
Os populares lembran ademais que esta declaración contou tamén co respaldo do Pleno Municipal de Burela e do Parlamento de Galicia que, por unanimidade, aprobou unha iniciativa que o Grupo Popular e da que foi autor o hoxe delegado da Xunta.
Desde o Partido Popular tamén queren recoñecer, neste senso, o labor da Sociedade Cultural Ledicia, fundadora e organizadora da Festa do Bonito, pois “o Concello nunca sería capaz de mobilizar tantos voluntarios como move esta asociación burelá. Polo tanto, sen Ledicia non habería Festa do Bonito”.
Tampouco sería posible este evento sen a colaboración desinteresada de todos os veciños e veciñas que participan de forma totalmente altruísta e posibilitan que toda a loxística deste importantísimo evento se leve a cabo, como é o caso do traballo que desenvolve a Asociación dos Asadores de Burela.
Os populares fan memoria deste evento e recordan que para chegar á posible denominación de Festa de Interese Turístico Nacional houbo que dar un primeiro paso, o que se deu no ano 1999 cando dende o Concello, cun goberno municipal do Partido Popular, e contando sempre coa Asociación Ledicia, se recoñeceu á Festa do Bonito como de Interese Turístico Galego.
Desde o PP felicítanse por este paso que coincide co novo proxecto do PP en Burela quere instaurar: o de potenciar ao máximo nivel tódolos recursos turísticos do municipio

0.089076995849609