A Feira do Bonito de Burela cumprirá 39 edicións cunha nova celebración no porto os días 2 e 3 de agosto

AMariñaXa
A SCR Ledicia presenta o cartel do evento e convoca a presentación oficial do programa para o luns 28 de xullo no salón de plenos do Concello
Burela-feira-bonito-cartel-2025
23 Jul 2025

A emblemática Feira do Bonito de Burela volve un verán máis cunha nova edición que promete encher o porto de sabor, tradición e participación popular. A Sociedade Cultural Recreativa Ledicia, organizadora do evento, vén de anunciar que a XXXIX edición da Feira do Bonito celebrarase os días 2 e 3 de agosto no porto da vila mariñeira.

Dende a entidade impulsora xa se fixo público o cartel anunciador desta cita gastronómica e cultural, que se consolidou como unha das máis representativas da Mariña e de Galicia. Así mesmo, o vindeiro luns 28 de xullo, ás 13.00 horas, terá lugar a presentación oficial do programa no salón de plenos do Concello de Burela, onde os responsables da organización ofrecerán todos os detalles da edición deste ano.

A presidenta da SCR Ledicia, Rocío Rivera Seara, trasladou o seu agradecemento pola colaboración dos medios e entidades que contribúen á difusión desta feira: “Esa axuda fai que cheguemos a lugares que nin imaxinamos”. Rivera tamén convidou á veciñanza e visitantes a participar da celebración, destacando o traballo que se leva facendo durante meses para garantir unha edición á altura da súa longa traxectoria.

A Feira do Bonito é moito máis ca un evento gastronómico: é un encontro coas raíces mariñeiras de Burela, co sabor do bonito como protagonista e cun ambiente festivo que combina cultura, música e tradición.

CONSULTA A PROGRAMACIÓN COMPLETA

⚙ Configurar cookies
0.14689898490906