A Feira de San Rosendo en San Miguel de Reinante celebra a súa orixe gandeira con actividades de gandería e tradición

San Miguel de Reinante, en Barreiros, acollerá un ano máis a tradicional Feira de San Rosendo, que rememora a orixe gandeira desta celebración. Un dos principais atractivos será a feira de gando que terá lugar o 2 de marzo, coa presenza de exemplares de razas autóctonas como a Morena do Noroeste, Ovella e Cabra Galega, Porco Celta e Cabalos de Pura Raza Galega, que serán exhibidos ao longo do día.
A programación comezará coa celebración de concursos morfolóxicos. Á mañá, os asistentes poderán disfrutar dun concurso puntuable para o campionato galego de Cabalos de Pura Raza Galega, así como dun concurso morfolóxico de cabalos de monte. Xa pola tarde, realizarase unha ximkana ecuestre na que participarán amazonas e xinetes da contorna.
Entre as actividades complementarias, tamén se poderán degustar tapas elaboradas a base de carne de poldro de Pura Raza Galega nos bares de San Miguel de Reinante, grazas á colaboración coa iniciativa "Un gusto de rural, un rural degusto", que promove o consumo de produtos de razas autóctonas.
O domingo 2 de marzo, a feira abrirá as súas portas ás 9:30 horas, e, ao longo da mañá, tamén se celebrarán concursos morfolóxicos de Cabalos de Pura Raza Galega (PURAGA) e demostracións de pastoreo con Border Collie. A feira de artesanía tamén estará aberta desde as 10:30 horas, e ao longo da tarde continuarán as actividades de pastoreo e a ximkana ecuestre.
A xornada rematará cunha animada orquestra a partir das 22:00 horas.