A 48ª Reunión e marcha anual de deportistas con experiencia será en Foz
A Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada, Fedme, o comité de Veteranos da Federación Galega de Montañismo, FGM, e a Asociación Os Sendeiros de Foz, están xa organizando a 48ª Reunión e marcha anual de deportistas con experiencia.
Nesta especial ocasión, xa que coincide co Centenario da Fedme, o acto celebrarase no municipio galego de Foz do 7 ao 9 de outubro, ambos inclusive. A xornada está destinada a todas as persoas federadas maiores de 40 anos con licenza Fedme do ano en vigor.
Adianto do programa da 48ª Reunión e marcha anual de deportistas con experiencia 2022 do Centenario FREDME.
O venres 7 de outubro desde as 18.00 ata as 21.00 horas será a recepción e entrega da documentación e acreditación aos asistentes á 48ª Reunión e marcha anual de deportistas con experiencia 2022 do Centenario Fedme.
Na xornada do sábado 8 de outubro, que comezará ás 8.00 horas e ata as 20.00 horas, será a recepción e entrega da documentación e acreditación aos asistentes.
O domingo 9 desde as 8.30 ata as 14.30, dará comezo a marcha anual de deportistas con experiencia do Centenario Fedme 2022, ás 14.30 horas seguirá a entrega de trofeos. e despois un xantar de confraternización.