A Federación Veciñal fixo unha charla en Mondoñedo sobre violencia de xénero

AMariñaXa
A Federación de Asociacións Veciñais celebrou unha charla-coloquio en Mondoñedo sobre Igualdade e loita contra a Violencia de Xénero no rural
charla vecinos mondonedo
14 sep 2021

A área de Muller da Federación de Asociacións Veciñais Lucus Augusti da provincia de Lugo, Mulleres Veciñais, celebrou unha charla-coloquio en Mondoñedo baixo o título Igualdade e loita contra a Violencia de Xénero no medio rural, enmarcada no ciclo que estamos a desenvolver, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, e co que están a percorrer a provincia de Lugo.

Na sesión participaron representantes políticos do Concello de Mondoñedo e membros das diferentes asociacións locais.

A charla-coloquio estivo dirixida por María del Carmen Casasnovas García, presidenta da área de Muller da Federación de Asociacións Veciñais Lucus Augusti, e ao finalizar deu lugar a un concorrido debate entre todos os asistentes, acerca da evolución da vida da muller no ámbito rural nas últimas décadas, así como os retos que quedan por diante en pleno ano 2021.

Hoxe celébrase unha nova charla-coloquio dentro de leste mesmo ciclo, no local social de Guntín, ás 19 h.

0.20832109451294