A federación lucense de pais ve pésimo o inicio do curso escolar en Cervo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Federación provincial de asociacións de nais e pais do alumnado de centros de ensino público de Lugo, Fapacel, considera pésimo o inicio de curso no colexios de Casás e de Cervo, cunhas aulas en condicións nefastas tanto de seguridade como de hixiene, por mor das obras.
12 Sep 2019

A Federación provincial de asociacións de nais e pais do alumnado de centros de ensino público de Lugo, Fapacel, considera pésimo o inicio de curso no colexios de Casás e de Cervo, cunhas aulas en condicións nefastas tanto de seguridade como de hixiene, por mor das obras. 

As familias do colexio de Cervo están moi disgustadas pola situación, xa que en ningún momento se lles ofreceu alternativa ou solución. Afirman que ofrecen unhas instalacións inadecuadas en canto a seguridade e hixiene, pero que ao seu parecer, ao parecer da Xunta, están en perfecto estado.

Isto causa impotencia e malestar. Os pais véronse na obriga de ter que decidir deixar na casa ou onde poden ás nosas pequenas e pequenos e quedar á expectativa do que vaia sucedendo nos próximos días. O enfado das familias de Casás tamen é importante tendo en conta o que a Conselleira dixo no Parlamento. As fotos de Casás que se publicaron foron feitas este martes día 10 de setembro sobre as 12 da maña, non como dixo a conselleira que son de hai varios días.

Os pais advirten de que teñen varias crianzas con necesidades especiales e moitos con alerxia o pó. As nais e pais teñen como propósito non levar as crianzas ata o luns, esperando acaben as obras e se habiliten as aulas con todo o material que o profesorado precisa pois a día de hoxe nas aulas non hai libros, nen pizarras , ordenadores, etc. Preocupa moito a desinformación que dende a Consellería de Educación se está a dar e namentres isto continúe seguiremos a reclamar medidas urxentes, matizan.

Cabe destacar tamén a falta de previsión da Consellería de Educación para realizar e finalizar estas obras, tendo 2 meses para executalas e non ter que estar agora nesta situación. 

Diante desta situación tan preocupante, Fapacel comparte a preocupación das familias afectadas e apóiaas en tódalas súas accións reivindicativas que realicen na defensa do dereito a unha escola saudable e segura para as súas fillas e fillos. Falamos, obxetan, do ben das crianzas a súa seguridade, do dereito a unha educación de calidade en condicións normais. 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17064690589905