A Federación Galega de Espeleoloxía celebrará unha nova sesión de exploración e topografía en Foz
AMariñaXa
A Federación Galega de Espeleoloxía e Cañóns anunciou a celebración dunha nova sesión de exploración e topografía no Espeleoparque da Mariña
15 Xuño 2023
A Federación Galega de Espeleoloxía e Cañóns anunciou a celebración dunha nova sesión de exploración e topografía no Espeleoparque da Mariña, dentro do proxecto P.E.R. Atlas, para os días 17 e 18 de xuño.
Como en ocasións anteriores, ao coincidir esta actividade próxima ao Día Mundial do Medio Ambiente (DMA-2023), dedicado este ano ao plástico como residuo, a proposta do PER Atlas inclúe contribuír á retirada de residuos (redes, botellas, ...) das covas que se estuden. Animarvos a participar.
Esta cita será no Concello de Foz e para asistir haberá que ao 982 14 00 27.