A federación de asociacións de Lugo pide máis servizos públicos nas áreas de podoloxía, maxilofacial e bucodental

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Desde a Federación provincial de Asociacións Veciñais “Lucus Augusti” de Lugo solicitan a inclusión, na sanidade pública, de máis servizos nestas áreas
Imaxe recurso de médicos
Imaxe recurso
11 Aug 2024

Desde a Federación provincial de Asociacións Veciñais Lucus Augusti de Lugo solicitan a inclusión, na sanidade pública, de máis servizos nas áreas de podoloxía, maxilofacial e bucodental. O colectivo, que aglutina máis de 300 asociacións veciñais ao longo de toda a provincia lucense, e por acordo unánime da Asemblea Xeral, dirixíse así á Xunta de Galicia a través da súa Consellería de Sanidade, para demandar esta petición polo gran impacto en materia de consecuencias sanitarias -e tamén económicas- a presente e futuro que teñen na sociedade galega.

A este respecto, lembran que a provincia conta cunha poboación dispersa xeograficamente, e claramente avellentada, coas situacións de dificultades de mobilidade e dificultades de acceso a centros de saúde. Consideran clave e prioritaria a inclusión da especialidade de Podoloxía dentro da Sanidade Pública, xa que repercute directamente en dúas colectivos poboacións sensiblemente vulnerables, como son a infancia e a terceira i

dade, respectivamente. No caso da infancia, a importancia reside na prevención que evitaría graves problemas de deambulación. No caso dos maiores, refírense a patoloxías xa existentes e que están a ser custeadas do propio peto de persoas que, na inmensa maioría dos casos, dispoñen de escasos recursos económicos, principalmente as persoas maiores que están en residencias. Así mesmo, queren poñer o foco, novamente, na especialidade de Odontoloxía, tanto da área maxilofacial como bucodental.

Actualmente, a sanidade pública cobre unicamente a extracción dentaria. Por tanto, a este respecto, e polo gran impacto que esta área sanitaria ten na poboación en xeral solicitan a ampliación dos servizos de maxilofacial cubertos pola pública, como endodoncias, prótese e pontes dentais, empastes, fixadores etc. Novamente, lembran que, no referente ás persoas de idade máis avanzada, estas contan, na maioría dos casos, con escasos recursos económicos cos que facer fronte a tratamentos tan custosos como os aquí enumerados.

Ademais, as patoloxías bucais non tratadas derivan en problemas estomacais, intestinais e dixestivos, xa que dado o elevado custo a xente maior non repón as extraccións, o que lle supón a longo prazo dificultades para mascar á hora para comer. Con relación á infancia, solicitan servizos completos de odontoloxía e con carácter fundamentalmente preventivo e a inclusión das limpezas dentais.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17045617103577