A Faxarda organizar un campamento de verán para os pequenos ribadenses
A ANPA A Faxarda está a organizar diferentes actividades de verán para os pequenos ribadenses. As actividades levaranse a cabo de luns a venres no colexio Gregorio Sanz, agás aquelas excursións que sexan fora do colexio e das que serán informados con tempo.
Os pequenos estarán divididos en tres grupos dependendo das idades, o grupo 1 serán nenos nados no 2016, 2017 e 2018, o grupo 2 os do 2013, 2014 e 2015, e o grupo 3 os de 2010, 2011 e 2012.
Estas actividades serán en horario de 9.00 a 14.00 horas e estarán divididas por temáticas semanais comúns entre os tres grupos excepto a velada. Así, na semana 1 será O diademo de Ribadeo, a semana 2 A Vilavella medievá, a 3 Os segredos de Porcillán, e a 4 Os enigmas da Torre dos Moreno.
Para as veladas nocturas serán a semana 1 A aventura castrexa, a 2 O desembarque pirata, a semana 3 Os mundo de Vernem e a última semana Harry Potter na Torre dos Moreno.
Os nenos do grupo 1 terán unha saída semana, os venres, en horario de 10.00 a 14.00 horas e os do grupo 2 en horario de mañá e tarde nun día aínda por determinar.
Os do grupo 3 terán dúas saídas ao longo da semana e unha velada nocturna semanal, os xoves. Outra das saída que farán será ao aquapark de Cerceda. Para a velada nocturna será necesario saco de durmir, esterilla, etc.
Os días que haxa saída os nenos deberán levar a súa comida preparada da casa, e no día que o grupo 3 teña a velada nocturna a cea e o almorzo dese día será proporcionado pola organización do campamento.
A programación poderá cambiar debido á climatoloxía e os pais serán informados dos cambios. Así mesmo, celebrarase unha festa final para todos os inscritos con data aínda por determinar.