A Faxarda de Ribadeo organiza un banco de mandilóns infantís

AMariñaXa
A anpa A Faxarda está a organizar un banco de mandilóns infantís para o que piden colaboración dos pais e veciños
anpa faxarda ribadeo mandilons 2
26 Xuño 2021

A anpa A Faxarda está a organizar un banco de mandilóns infantís para o que piden colaboración dos pais e veciños para quen queira compartir os mandilóns en bo estado e en desuso.

Este poderán depositarse na Casa do Conserxe, dentro das instalacións do colexio, os días 28 de xuño en horario de tarde de 18.00 a 19.30 horas e o día 29 en horario de 11.30 a 13.00 horas e de tarde de 18.00 a 19.30 horas.

Unha vez feita a recollida volverán a contactar cos participanes, para que as persoas interesadas en reutilizar mandilóns poidanse facer con este de cara ao novo curso.

Para calquer dúbida pódese chamar os números 649 52 87 10 ou 620 33 36 61.

0.090200185775757