A Fase Intermedia da Copa Deputación de fútbol 8 xógase por primeira vez en Alfoz e no Valadouro

AMariñaXa
O próximo domingo día 19 de maio, celebrarase por primeira vez nos concellos de Alfoz e Valadouro a Fase Intermedia da Copa Deputación de fútbol 8 das categorías benxamín e prebenxamín.
13 May 2024

O próximo domingo día 19 de maio, celebrarase por primeira vez nos concellos de Alfoz e Valadouro a Fase Intermedia da Copa Deputación de fútbol 8 das categorías benxamín e prebenxamín. Os partidos disputaranse no Campo Municipal de Alfoz e no Campo Municipal do Árbol (Valadouro) onde se poderá desfrutar dunha competición que se iniciará as 10 da mañá e rematará ás 21 horas.

Disputaranse un total de 28 partidos entre os 18 equipos en competición, que tratarán de alcanzar unha das catro prazas que dan acceso á fase final. Os concelleiros de deportes de Alfoz e Valadouro, Eliseo Lorenzo e Eliseo Teijeiro; a directiva do AD Río Ouro presidida por Manolo Novo e contando coa colaboración do CD Alfoz coinciden en que “celebrar este evento deportivo para os nenos e nenas da comarca é unha experiencia enriquecedora. Esta celebración contribúe a fortalecer os lazos comunitarios, o deporte e promove a hostalaría e o turismo dos dous concellos”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17235612869263