A fábrica de alumina de Alcoa reducirá a súa producción por mor do gas natural
AMariñaXa
A fábrica de alumina de Alcoa San Cibrao levará a cabo reducións nos seus niveis de producción a partir do vindeiro luns 1 de agosto.
29 Xul 2022
O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, informou que este a fábrica de alumina levará a cabo reducións nos seus niveis de producción a partir do vindeiro luns 1 de agosto. Estas reduccións servirán para mitigar as perdas provocadas pola subida no gas natural.
A factoría irá reducindo a súa producción durante os vindeiros dous meses ata chegar a un 50 e 60 por centro dos 1,6 millóns de toneladas da súa capacidade anual. Este reaxuste inclúe o 15% anunciado a principios de mes de xullo.
"O plan de produción non afectará aos postos de traballo nin aos clientes nin transporte nin suministro", dixo Zan no seu comunicado. A factoría aproveitará esta redución para realizar traballos de mantemento.