A exposición Kinetiko chega ao Valadouro
O vindeiro sábado no local social do parque Concepción Arenal terase a posibilidade de visitar a exposición Kinetiko de Xirapaus que nos achega Trécola Producións
De 11.00 a 13.30 ou de 16.30 a 19.30 horas, poderase ver personaxes que a través de mecanismos crean sons e ritmos, historias e contos que nacen co movemento dunha manivela ou dun pedal.
Xira Paus é un proxecto de Manu Taboada (xogueteiro da Chintofanería) e Ero Vázquez (titiriteiro e artesán de Trécola) que surxiu co propósito de dar e pór en valor o universo dos autómatas.
Trátase dunha exposición na que se poden atopar personaxes musicais que a partir de mecanismos crean sons e ritmos, historias e contos que nacen co movemento dunha manivela ou dun pedal, bonecos que se moven e andan sós, un teatriño de guiñol automatizado homenaxe do tradicional títere de cachiporra, diferentes efectos especiais recurrentes no teatro. A idea desta exposición é que os asistentes poidan xogar manexando os mecanismos das pezas e ver como funcionan.