A exposición A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalía, estará en Ribadeo ata agosto
AMariñaXa
A exposición A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalía, estará en Ribadeo ata o 7 agosto no Campo de San Francisco
23 Xul 2022
A exposición A Casa de Galicia. 50 anos dá Casa de Rosalía, chega ao Campo de San Francico de Ribadeo ata o 7 de agosto.
A mostra repasa a historia deste museo e lembra o fito que supuxo en pleno franquismo conseguir comprar, restaurar e musealizar esta casa grazas á colaboración de milleiros de persoas.
Está comisariada por Pepe Varro, tamén autor da museoloxía de Casa-Museo. Esta exposición fai un repaso pola historia desta Casa-Museo que se abriu ao público o 15 de xullo de 1971, en pleno franquismo, grazas á implicación de milleiros de persoas e entidades de todo o país e da emigración. Non foi ata o ano seguinte cando sería musealizada a partir do proxecto realizado por Xosé Filgueira Valverde.