A estrada que vai das Pallaregas a Vieiro será mellorada polo Concello de Viveiro

AMariñaXa
A tenente de alcalde do Concello de Viveiro, Míriam Bermúdez, informa aos veciños e veciñas da próxima realización dunhas obras para mellorar a seguridade viaria na estrada que vai dende as Pallaregas a Vieiro, na parroquia de Covas.
obras Viveiro
10 Feb 2024

A tenente de alcalde do Concello de Viveiro, Míriam Bermúdez, informa aos veciños e veciñas da próxima realización dunhas obras para mellorar a seguridade viaria na estrada que vai dende as Pallaregas a Vieiro, na parroquia de Covas.

“Con este tipo de actuacións, damos resposta ás demandas da veciñanza e melloramos as infraestruturas públicas no rural, unha prioridade para nós”, afirma Míriam Bermúdez, que visitou a zona na que se realizarán as obras co concelleiro de Medio Rural, Ramón Martínez.

En concreto, os arranxos consistirán na mellora das recollidas de pluviais en tres puntos da estrada, xa que non contan con enreixado e queda un oco considerable contra a arribada.

Esta situación xa ten orixinado accidentes, ao quedar os vehículos atrancados: “É un risco para a seguridade viaria na zona, polo que procedemos a arranxar o problema”, engade Ramón Martínez.

0.19242787361145