A escultora viveirense Cristina Sánchez recibe un premio en Barcelona
A escultora radicada en Viveiro Cristina Sánchez vén de recibir un novo premio de respaldo á súa carreira artística. Nesta ocasión, a súa peza Paradoja foi premiada no XXII Salón Internacional da Galería Saret de Barcelona.
Esta escultura foi exposta por primeira vez na sala de Exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro hai menos de dous anos, logo foi seleccionada e exposta na última Bienal Internacional de Arte Contemporánea e Deseño en Florencia e agora premiada en Barcelona.
Non é o primeiro premio que recibe esta escultora en España; xa fora premiada na anterior edición do Salón Internacional en Barcelona o ano pasado pola escultura Súplica, nesa ocasión puido acudir a retirar persoalmente o premio, cousa imposible nesta edición.
Tamén foi premiada fai un par de anos en Madrid pola Asociación Española de Pintores e Escultores. Anteriormente tamén o era en Buenos Aires.
Actualmente, Cristina Sánchez está a expoñer en Madrid, na Galería Santana, no Paseo da Castelá expóñense dez das súas esculturas. Algunhas desas pezas tamén formaron parte da Exposición Individual Sentimentos realizada en Viveiro.
Aínda que naceu e viviu gran parte da súa vida en Bos Aires, a nai de Cristina Sánchez á natural da cidade do Landro, a on se mudou a artista hai nove anos.